Comezan as obras do parque da praza de Bretoña na Pastoriza

TerraChaXa
Comezaron na pastoriza as obras de remodelación do parque infantil de Bretoña, que se realizan en función a un convenio coa Deputación.
obras parque infantil bretona pastoriza
2 Feb 2022

Comezaron na pastoriza as obras de remodelación integral do parque infantil de Bretoña, que se realizan en función a un convenio entre o Concello e a Deputación de Lugo.

A Deputación de Lugo achega ao Concello 34.989,57 euros para a construción dun parque infantil na praza da Bretoña. A entidade local encargarase os proxectos técnicos, os terreos precisos e os permisos e autorizacións para levar a cabo as obras e actuacións necesarias.

O presidente subliñou que para a Deputación de Lugo “é unha satisfacción colaborar co Concello para a posta en marcha destas iniciativas que beneficiarán ás familias, dando alternativas lúdicas e de ocio para os máis pequenos, e darán a coñecer as características e a riqueza histórica e patrimonial do municipio, co que contribúen á promoción do territorio”.

Esta nova colaboración económica súmase ao investimento de preto de 330.000€ que a institución provincial inxecta no Concello a través do Plan Único. A Deputación ten como prioridade cooperar cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos veciños e veciñas.

0.17568802833557