Comezan as obras dos hangares de Indra e Babcock en Rozas
Indra e Babcock comezaron xa as obras de consutrución de senlos hangares no Parque Industrial e Tecnolóxico de Rozas no marco da súa participación na Civil UAVs Initiative.
O hangar deseñado por Babcock, de preto de 700 metros cadrados, estará tamén destinado á investigación no eido dos uavs e supón un investimento de máis de medio millón de euros. Acollerá o Centro Internacional de Investigación de Sistemas Autónomos Avanzados (Ircaas) co obxectivo de que este entre en funcionamento na primavera deste ano tras unha execución de obras de nove meses.
Este centro nace co obxectivo de dar resposta ao mercado exponencial das operacións con vehículos non tripulados, que está cifrado na actualidade en 10.000 millóns de euros anuais, só en Europa. Segundo a previsión de Babcock, empezarán traballando no centro chairego unhas 15 persoas, aínda que, irá aumentando o persoal unha vez se inicie a actividade.
Situado na contorna do aeródromo de Rozas, a primeira fase do parque conta cunha superficie de 31.419,5 metros cadrados dos que 7.180 están reservados para empresas interesadas na instalación de hangares dedicados a actividades da cadea de valor da industria aeroespacial. As obras están ao cargo de Tragsa e contan cun orzamento de 2,57 millones de euros.