Comezan as obras dunha pista na parroquia vilalbesa de Rioaveso

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa á veciñanza do comezo das obras de acondicionamento, pavimentación e sinalización do vial municipal que atravesa a parroquia de San Xurxo de Rioaveso e enlaza a estrada autonómica LU-120 coa estrada provincial LU-P-6514.
4a332bb0 6d9b 44c5 92d4 9e6f58586a31
1 Out 2020

Trátase dun vial de 900 metros moi utilizado a diario por veciños e veciñas de varios núcleos de poboación da parroquia para desprazarse ao centro urbano do concello, a igrexa e o cemiterio municipal.

O orzamento dos traballos ronda os 39.000 euros e o prazo de execución dos traballos será dun mes. “Damos resposta á demanda veciñal, falamos dunha actuación moi necesaria polo estado do pavimento”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

A falta de capas superficiais de pavimento no vial provoca que a superficie non sexa impermeable a día de hoxe, o que axiliza de maneira notable o seu deterioro e supón un risco para o tráfico de vehículos.

Para a mellora e mantemento de esta vía proponse a limpeza de noiros, regularización da súa superficie e a execución dunha nova capa de firme de rodadura a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Tamén se procederá á súa sinalización horizontal e vertical.

4a332bb0 6d9b 44c5 92d4 9e6f58586a31
0.20926594734192