Comezan as obras en dúas estradas entre Xermade e Vilalba

TerraChaXa
O proxecto conta cun investimento de case 180.000€ e inclúe a mellora dun tramo da LU-P-2206 e doutro da LU-P-6509
obras-xermade-e-vilalba
13 Apr 2025

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora en dúas estradas provinciais que unen Xermade e Vilalba e que contan cun investimento da institución provincial de case 180.000 euros.

O proxecto inclúe, por unha banda, o acondicionamento dun tramo de 3,6 quilómetros na LU-P-2206, a estrada que vai desde Roupar ata Vilapedre por Lousada, no municipio de Xermade. En concreto, os traballos afectan ao treito que vai do punto quilométrico 1,897 ao 5,500 e consisten na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente, a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas e a reposición da sinalización vertical.

Por outra banda, a institución provincial tamén contempla neste proxecto a reposición de marcas viais na totalidade da LU-P-6509, a estrada limítrofe que vai de Carrizo ata Lousada, no concello de Vilalba. Actuarase, polo tanto, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 9,027.

O prazo de execución destes traballos é dun mes e a empresa que os está a executar é Francisco Gómez y Cía SL.

⚙ Configurar cookies
0.062107086181641