Comezan as obras na rúa Monte Caxado das Pontes
O Concello das Pontes inicia hoxe as obras de mellora da capa de rodadura da rúa Monte Caxado. O proxecto, cun orzamento de 47.129,50 €, procedentes de fondos propios, que permitirá renovar a capa de rodadura do viario así como do carril bici co obxectivo de mellorar a seguridade e accesibilidade da zona.
Durante todo o tempo de execución das obras, só estará habilitado un carril de circulación, nun único sentido, desde a Rúa Antonio Machado cara a Avenida de Ortigueira para, deste xeito, garantir a seguridade do alumando do CEIP A Magdalena.
Entre os traballos previsto inclúese o fresado do carril bici así como os encontros e regularizando a planimetría en todas aquelas zonas que sexa preciso Asemade, procederase á reparación das zonas brandase executarase unha nova capa de rodadura, con aglomerado en quente.
Por outra banda, con obxectivo de dar máis seguridade ao alumando, na entrada e saída ao centro escolar, procedesare ao traslado do paso de peón, ubicándose fronte á saida do CEIP A Magdalena.
As obras rematarán co levantamento da cota dos sumidoiros e arquetas, o pintado da sinalización horizontal mediante símbolos, zonas amarelas de non estacionamento, bordos das calzadas e pasos de peóns.