Comezan as obras nas estradas e Chao e Vilarmouro das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes comezará, a vindeira semana, as obras de mellora do asfaltado das estradas de Chao e Vilarmouro, nas parroquias de Ribadeume e O Freixo.
23 Feb 2020

O Concello das Pontes comezará, a vindeira semana, as obras de mellora do asfaltado das estradas de Chao e Vilarmouro, nas parroquias de Ribadeume e O Freixo.

As actuacións, cun orzamento de 35.990 euros e financiadas pola Deputación da Coruña, están encamiñas á rehabilitación de ambos viarios para dotalos dunha calidade, estrutural e superficial, óptima, e para mellorar a comodidade e seguridade do tráfico rodado como para os viandantes.

Durante esta semana, previo ao inicio das obras, procedeuse á limpeza das cunetas para lograr a correcta drenaxe dos firme. Nos próximos días procederase ao fresado do firme existente, aportando grava e tratamento asfáltico naquelas zonas nas que existan fochancas para, a continuación, proceder á renovación da capa rodadura cun dobre tratamento superficial formado por dobre rego con gravilla e a reposición da sinalización horizontal.

0.11547803878784