Comezan as obras dun centro sociocultural en Pontoibo

TerraChaXa
A semana pasada comezaban, en Pontoibo, as obras de instalación dun módulo prefabricado, de 130 metros cadrados, para instalacións complementarias de actividades socioculturales.
Pontoibo
16 Xul 2019

A semana pasada comezaban, en Pontoibo, as obras de instalación dun módulo prefabricado, de 130 metros cadrados, para instalacións complementarias de actividades socioculturales.

O módulo estase a instalar nos terreos adquiridos polo Concello das Pontes para o esparexemento dos veciños e para outros usos públicos que propoña a asociación veciñal e, deste xeito, dar resposta a unha vella demanda da veciñanza.

O módulo, de madeira e acorde coa estética da zona, albergará aseos públicos, un almacén para dar servizo a calquera actividade que se realice e un espazo cuberto, multiusos que servirá como refuxio cando se realizan actividades ó aire libre, evitando que teñan que suspenderse por condicións climatolóxicas adversas.

0.17829704284668