Comezan este mes varias actividades no Espazo Xove de Vilalba

TerraChaXa
O Espazo Xove de Vilalba inicia este mes unha serie de cursos que se desenvolverán durante tres días á semana.
espazo xove vilalba
8 Abr 2024

O Espazo Xove de Vilalba inicia este mes unha serie de cursos que se desenvolverán durante tres días á semana.

Así, os mércores será a vez da actividade Cruzando Linguas. Esta consistirá nunha sesión para a práctica de idiomas de forma lúdica e dinámica. Esta actividade será de 18.00 a 19.30 horas. Ese mesmo día, pero de 19.00 a 21.00 horas haberá pintura e debuxo.

Os xoves estarán dedicados por unha banda ás curtas de cine (18.00-19.30), un novo obradoiro de narracións a partir dunha obra visual. Simultaneamente, entre las 18.00 e as 30.00 horas haberá xadrez.

Os venres estarán reservados para a actividade Danzas do mundo, tamén de 18.00 a 19.30 horas.

Co mesmo horario, os sábados haberá xogos.

Por outra banda, haberá dúas celebracións especiais. O 17 de abril será o Día Europeo da Información Xuvenil e o 23 farase un mural colaborativo polo Día do Libro.

0.086272001266479