Comezan en Cervantes e Xermade os contacontos ilustrados sobre Luísa Villalta

TerraChaXa | LugoXa
O colectivo Polo Correo do Vento comezou a realizar os contacontos ilustrados sobre a figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada co Día das Letras Galegas.
obradoiro xermade cervantes luisa villalta
obradoiro xermade cervantes luisa villalta
11 Feb 2024

O colectivo Polo Correo do Vento comezou a realizar os contacontos ilustrados sobre a figura de Luísa Villalta, escritora homenaxeada co Día das Letras Galegas. Foi nos centros do CPI de Cervantes e no CEIP de Xermade e forman parte do proxecto Donas de Si.

Nesta actividade relátase a biografía adaptada da homenaxeada basada na publicación Tinta do Mar, pequena biografía de Luísa Villalta, mentres a ilustradora, Tania Solla, realiza un mural ao tempo. A continuación, realizan unha simulación de conferencia de prensa na que preguntarán sobre a protagonista e rematarán nun obradoiro de debuxo no que seguindo as instrucións da ilustradora realizarán unha caricatura de Luísa Villalta.

0.15112900733948