Comezan en Outeiro de Rei os obradoiros de outono para maiores
A Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer, en colaboración co concello de Outeiro de Rei, organiza uns obradoiros para as persoas maiores para a prevención e tratamento da soidade non desexada. Estes terán lugar os mércores en horario de 12:00 a 13:00 horas no salón de actos de casa de cultura ou no centro cultural de Outeiro de Rei.
Os obradoiros serán sucesivamente de autocoidado, risoterapia, estimulación sensorial, automasaxe, relaxación e pilates terapéutico celebrándose dúa xornadas por cada temática.
A data de inicio será o 22 de setembro co de autocoidado e se prolongarán ata decembro que finaliza o día 1 con pilates terapéutico.
Os obradoiros serán en grupos reducidos entre 5 e 10 persoas e para anotarse nestas actividades poden chamar ao Concello de Outeiro de Rei nos teléfonos: 982 393 281 (Blanca) ou 982 393 408 (Cruz).