Comezan esta fin de semana as actividades organizadas no lago das Pontes
O Concello de As Pontes programa para o mes de agosto O mar de lecer, unha axenda cultural ampla, diversa e multidisciplinar para conmemorar os dez anos da creación do lago.
As actividades darán comezo este venres 5 de agosto co ‘Beach Rugby Vila das Pontes’, un torneo de rugby praia que se prolongará durante todo o fin de semana, no cal se poderá ver o mellor rugby internacional nas categorías masculina e feminina.
A seguinte fin de semamana haberá inchabeis para os máis pequenos. O Z-Gravity, Kamikaze e a Selva estarán a disposición das criazas de venres a luns no seguinte horario: venres 12 de 16:30h a 20:00h; e de sábado a luns de 11h a 13h e 16h a 19h.
O sábado 13 e o domingo 14 o ‘Teatro sobre ruedas’ percorrerá as rúas do municipio con dúas funcións cada día. Ambas serán ás 13:00h e ás 19:15h respectivamente.
O sábado 13 tamén haberá espazo para o ilusionismo da man de ‘Galicia Ilusiona Maxia na Rúa’, que terá lugar ás 19h.
Os días 20 e 21 de agosto celebrarase a Feira do comercio local, impulsada pola Deputación da Coruña.
Eses mesmos días tamén se realizarán exhibicións e obradoiros enmarcados no Festival de Papaventos.
O sábado haberá dúas actividades máis, co circo na rúa de ‘Mezzo el fantástico circo de insectos gigantes’ ás 19h e o concerto do tributo a Sabina ‘La penúltima Sabineta’ ás 20:30h.
Na xornada do domingo o circo na rúa correrá a cargo de ‘Kanbahiota – Volando vengo’ ás 17:00h e ‘Broken Peach’ ofrecerá un concerto a partir das 19:30h.
Para o último fin de semana do mes temos, primeiramente, unha cita coa vela da man do Campionato Galego de Vela Vaurien, que será o sábado e o domingo.
Eses días haberá tamén unha Festa Acuática con 5 inchábeis acuáticos. Paralelamente celebrarase a Festa da Auga, con 4 inchábeis acuáticos e Humor Amarillo, con 5 inchábeis Wipe Out. Os horarios para estas tres actividades son: sábado de 16:30h a 20:00h e domingo de 11:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.