Comezan esta tarde as Noites do Carme dentro das festas das Pontes

TerraChaXa
Debutará este venres a Escola Municipal de Baile Moderno, cunha actuación ás 21.00 horas na praza do Carme
escola-baile-moderno-as.-pontes
11 Jul 2025

Como se vén facendo desde varias edicións pasadas, antes de dar oficialmente comezo ás festas, haberá unha previa coas Noites do Carme, desde o venres 11 ata o xoves 17, na que haberá unha actuación por xornada. Debutarán nesta xornada festiva a Escola Municipal de Baile Moderno, cunha actuación ás 21.00 horas na praza do Carme, que deixará un bo sabor de boca para a xeira de actuacións que lle van suceder.

O sábado 12 ás 20.00 horas, convidarase aos veciños das Pontes a un Certame de Bandas na praza de América, precedido dun pasarrúas ás 19.30 horas, coas bandas Isabel II de Touro, a Banda de Música de Arca e a Banda cultural e Recreativa das Pontes.

Logo dun parón, o luns 14 retomarase a programa co III Festival de Acordeóns Vila das Pontes e o martes 15 é a quenda do II Festival de Música de Ultramar, no que participarán a Rondalla Vila das Pontes e a agrupación coruñesa Amizades.

Como non pode ser doutra maneira, haberá espazo para a música tradicional coas actuacións da Banda de Gaitas da Escola Municipal de Música Tradicional e o grupo de baile da Escola Municipal de Gaile Galego, que farán unha actuación conxunta; e na última xornada das Noites do Carme o protagonismo será para as agrupacións tradicionais Canavella, Os Trevillas e No Cómbaro.

⚙ Configurar cookies
0.14169192314148