Comezan este luns os obradoiros de competencias emocionais de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba pon en marcha os obradoiros de competencias emocionais para pais e nais do alumnado.
obradoiros competencias emocionais vilalba
12 May 2024

O Concello de Vilalba pon en marcha os obradoiros de competencias emocionais para pais e nais do alumnado. En concreto as actividades desenvolveranse en dúas xornadas, ambas na casa da cultura, nas que se abordarán diferentes temáticas.

A primeira delas terá lugar este luns, 13 de maio, en horario de 18:00 a 19:30 e ofrecerá aos asistentes recursos para mellorar as competencias emocionais dos seus fillos.

Pola súa banda, a segunda xornada, dedicada á xestión de conflitos na casa -límites e tolerancia á frustración-, celebrarase o luns 27 de maio de 18:00 a 19:30.

Son dúas interesantes oportunidades para traballar a xestión das emocións e os conflitos por parte das familias nas que será totalmente gratuíto participar.

0.10882210731506