Comezan mañá en Castro as reunións do programa Educando en Familia
Castro de Rei retoma estes días as reunións informativas sobre o programa Educado en Familia, que será impartido polas orientadoras do anterior Preescolar na Casa.
Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade ecudan ou non a outros centros educativos. O obxetivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvovler plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educatica familiar.
No Concello de Castro de Rei a primeira reunión informativa terá lugar maña, 21 de setembro, ás 12.00 horas no local social da antiga Biblioteca Pública de Castro de Ribeiras de Lea (fronte á caseta do polbo).
A reunión celebrarase baixo as restricións e protocolo sanitario actual.