Comezan nas Pontes as obras de pavimentación da fase III da avenida de Galicia

TerraChaXa
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de Obras Municipais, Francisco Franco, e do concelleiro de Seguridade Cidadá e Servizos, Jose Ramón Alonso, asistiu, esta mañá, ao inicio dos traballos de renovación da capa de rodadura da Avenida de Galicia, Fase III, no tramo comprendido entre a Praza do Hospital e a Ponte de Isabel II.
oznorCO
14 Xul 2020

Os traballos financiados pola Deputación da Coruña, cun orzamento de 227.563,67 euros, permitirán a sustitución da actual capa de rodadura por formigón impreso para aumentar a seguridade e comodidade do viario.

Esta actuación ten como obxectivo darlle continuidade ao proxecto de rehabilitación, humanización e mellora da accesiblidade do centro urbano, tras a renovación da Praza do Hospital e as obras da primeira e segunda fase da Avenida de Galicia, creando unha rúa na que os peóns gañan relevancia.

Así, procedeuse a eliminar o nivel existente entre a estrada e as beirarrúas así como á mellora da iluminación coa execución dunha nova canalización eléctrica, instalación de arquetas e o retranqueo das luminarias para realizar unha nova disposición ao tresbolillo así como a instalación de captafaros led nos pasos peonís.

Ademais levouse a cabo a renovación da rede de saneamento en ambas marxes da rúa, a conexión das acometidas das augas fecais e as conexións á nova rede de drenaxe das baixantes dos tellados así como a instalación de sumidoiros e a separación da rede de augas pluviais da rede de saneamento.

oznorCOA terceira fase da Avenida de Galicia, finalizados os traballos de extensión da nova capa de rodadura, e xa instalado o mobilario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos) rematarán coa sinalización completa do tramo.

0.17276501655579