Comezan o venres as xornadas Hume nas Pontes

TerraChaXa
A Casa Dopeso das Pontes acolleráo os días 21 e 28 de febreiro as tradicionais Xornadas Hume, orixinadas para premiar a actividade histórica e de investigación que se realiza na contorna pontesa.
Captura de pantalla 2020 02 18 a las 13.18.14
19 Feb 2020

A Casa Dopeso das Pontes acolleráo os días 21 e 28 de febreiro as tradicionais Xornadas Hume, orixinadas para premiar a actividade histórica e de investigación que se realiza na contorna pontesa.

Nesta ocasión se celebrará en dúas xornadas. A premeira terá lugar o venres 21 de febreiro, ás 20 horas, para presentar a edición númeoro 12 da revista anual Hume, coa que se pretende chegar á memoria de todos os habitantes das Pontes e comarca e daqueles outros, que fóra da dita comarca, se interesan por cuestión históricas de ámbito local.

Ademais da presentación da revista se presentarán tamén os propios artículos que serán presentados polos propios autores, que nesta ocasión son José Manuel Yáñez Rodríguez, María Belén Vázquez Brage, Xavier Brisset Martín, Ovidio García Pazos, Lela Castelo Rodríguez, Carlos Breixo Rodríguez, Manolo Ares Fernández, Manuel Soto López e o artículo común de Nieves Seijo, Fina Blanco e Marisol Souto.

Á semana seguinte terá lugar a sesió nde entrega de premios do IV Premio de investigación Hume. Esta sesión será tamén na Casa Dopeso ás 20.00 horas do venres 28 de febreiro.

O xurado concedeu un primeiro premio ao traballo A violencia no Golpe e na retargarda galega. O Concello das Pontes, 1936-1939, de Rafael García e Conchi López.

O segundo recaeu en Novos aportes ás migracións pontesas a Cuba: asociacionismo e variacións residenciais, de Frank Manuel Díaz e Ruxandra Guillama.

O xurado tamén concedeu un accésit a Miriam Fernández Otero polo seu traballo O Campaniforme de Veiga da Vilaella: unha ollada dende a arqueoloxía experimental.

triptico interior 2020 pq_2_orig
0.16531682014465