Comezan obras na Pastoriza na mellora de vías de concentración parcelaria

TerraChaXa
Tamén deron comezo as obras do Plan Marco 24/25 subvencionadas pola Xunta de Galicia
obras-concentracion-parcelaria-a-pastoriza
23 sep 2024

O Concello da Pastoriza a través da brigada municipal de obras acometeu despois destes meses de vacacións diferentes obras de acondicionamento.

Así traballouse nas depuradoras de Bretoña e Miñotelo, na roza e limpeza da zona. Actuouse nesta zona despois do paso polas parroquias de Álvarez, Pousada, Fonmiñá e Bretoña. Tamén segue con labores de limpeza de balsas contraincendios e captacións de auga.

Tamén segue a mellorar pistas de terra, como a acción que realizaron en Crecente e San Cosme de Piñeiro e melloráronse camiños de terra en Úbeda e Samartiño de Corbelle.

Por outra banda, tamén se traballou na mellora de vías municipais das zonas de concentración parcelaria, así foron rexistradas actuacións nas parroquias de Xemil, Rigueira e Outeiro Vilar.

Así mesmo, no relativo ás vías de comunicación tamén deron comezo as obras do Plan Marco 24/25 subvencionadas pola Xunta de Galicia. Así estanse a realizar actuacións en Pousada, Álvare, Crecente, Rigueira, Vián, Baltar e Bretoña.

 

0.15553498268127