Comezan os obradoiros 4.0 de Sete Pontes

TerraChaXa
Deron comezo en Vilalba os Obradoiros 4.0, un itinerario formativo da Asociación de Empresarios Sete Pontes e financiada pola Xunta.
cursos sete pontes
19 Mar 2021

Deron comezo en Vilalba os Obradoiros 4.0, un itinerario formativo impulsado pola Asociación de Empresarios Sete Pontes e financiada pola Xunta de Galicia a través do Igape, no que se busca dar un impulso á transformación dixital das empresas locais de Vilalba.

O obxectivo destes obradoiros consiste en explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración coas que implementar ferramentas dixitais colaborativas que permitan a creación de sinerxías dixitais, e que os participantes poidan chegar a prestar os seus servizos apoiados en ferramentas que produzan melloras tanto a nivel interno coma de cara ó cliente.

Como broche final dun proceso formativo que será puramente práctico, durante o mes de setembro levarase a cabo a celebración dun demoday no que se presentará unha solución dixital conxunta, en forma de marketplace, creada polos propios participantes ó largo do itinerario e que dará cabida á súa canle de venda online.

0.16136503219604