Comezan os traballos da estrada de Cospeito que une Feira do Monte e Fontefría

TerraChaXa
Estas obras contan cun investimento da institución provincial de máis de 90.000 euros
obras-deputacion-feira-do-monte-fonfria
Unha imaxe das obras en Cospeito
5 Xuño 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación do firme dun tramo da LU-P-1702, que é a vía que conecta en Cospeito Feira do Monte e Fontefría pola parroquia do Pino. Unhas obras nas que a institución provincial inviste máis de 92.000€ e que afectan a un tramo de 1,3 quilómetros no inicio da estrada.

Concretamente, os traballos consistirán na mellora da drenaxe mediante a limpeza de cunetas; a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas. O prazo de execución das obras é de 2 meses, pero a empresa encargada dos traballos -Ovisa Pavimentos y Obras SLU- comprometeuse a telas rematadas en 3 semanas desde o seu inicio.

Trátase dunha actuación moi importante, porque esta vía que conecta os concellos de Cospeito e Begonte -desde Feira do Monte ata Fontefría, no límite municipial- dá servizo directo a máis dun milleiro de habitantes que residen nas cinco parroquias cospeitegas que atravesa: Sistallo, Villapene, Seixas, Pino e Rioaveso. Ademais, esta estrada dá acceso ao manancial de Fontoira.

0.15233492851257