Comezan os traballos de mellora na vía de Vilate a Ribado en Lanzós

TerraChaXa
O investimento da Deputación para a rehabilitación desta estrada, a LU-P-6508, nun tramo de case tres quilómetros é de 60.000 euros
obras-lanzos-deputacion
16 Jun 2025

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora na vía que une os lugares de Vilate a Ribado na parroquia vilalbesa de San Martiño de Lanzós, a LU-P-6508. Cun investimento de 59.300,46 euros, a institución provincial mellorará a metade da estrada no seu tramo final, preto de tres quilómetros.

Os traballos, dos que se encarga a empresa Cholo, comezarán no quilómetro 2 e consistirán na reapertura de cunetas, o saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación. O prazo de execución será dun mes.

Unha actuación importante para o concello chairego porque esta é unha das parroquias máis grandes de Vilalba, na que viven preto de 500 veciños e veciñas e conta con diferentes puntos de interese como a Casa-Escola de Lanzós, o castro do Adro, ou a capela de San Andrés.

A institución provincial ten en marcha cinco proxectos neste municipio chairego que se enmarcan no Plan de Mellora das Estradas provinciais anunciado polo Presidente. Neste 2025 a Deputación destina 27 millóns de euros -o 21% do seu orzamento- á conservación e mellora da súa rede viaria.

⚙ Configurar cookies
0.17611694335938