Comezaron as obras para levar a auga á parroquia de Candia, en Abadín

TerraChaXa
Con cargo á Deputación de Lugo dentro do Plan Único, financiarase a traída de auga.
obras auga abadin
11 Dec 2023

Con cargo á Deputación de Lugo dentro do Plan Único, financiarase a traída de auga. “Unha nova dotación moi demandada polos usuarios e usuarias, á que se destinarán 107.984,06 euros do executivo provincial”, din desde o PSOE. Esta obra levouse a cabo tralas xestións realizadas pola veciñanza da parroquia e foi anunciada polo voceiro socialista da localidade.

Xa deron comezo as obras , que están divididas en dúas fases e que estas corresponden á primeira. A captación proxectada está constituída por unha arqueta de reunión onde chegan tres tubos dren desde tres direccións distintas, recollendo a auga a subministrar.

Están a realizarse escavacións en gabia necesarias para o tendido da tubaxe, a 1 m de profundidade, incluíndo o seu posterior recheo con material seleccionado da propia escavación, con achega de préstamo nalgunhas zonas. A execución das gabias terá lugar extremando as medidas de seguridade, entibando cando sexa necesario. Tamén recóllese o baleirado necesario para a construción do depósito e a arqueta de toma. Ademais da propia rede, proxéctase a construción dun depósito de formigón armado, executado in situ, de 110 m3.

Esta obra ten un orzamento de 101.908 euros e un prazo do execución de catro meses.

0.19394588470459