Comezaron as obras para mellorar a presión da auga na zona da Devesa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Deron comezo as obras para mellorar a presión da auga na zona da Devesa cun investimento que ascende a uns 100.
maxia
27 Xuño 2020

Deron comezo as obras para mellorar a presión da auga na zona da Devesa cun investimento que ascende a uns 100.000 euros.

Trátase dunhas obras moi necesarias, en canto a subministro de auga na zona da Devesa, nun entorno onde na época estival nestes últimos anos producíronse cortes repentinos de auga tamén por falta de presión. É unha mellora beneficiosa pola redución nas intervencións que se estaban levando a cabo pola falta de auga e ao mesmo tempo a concesionaria cifra nun custo de máis de 100.000 euros e conta rematala a final deste mes.

Suárez Barcia dixo que “agora, para resolver esta situación definitivamente, dentro das medidas de colaboración recollidas no contrato de concesión coa empresa Viaqua, vendo evidentemente estas deficiencias que temos nesta zona, acordamos ampliar cunha nova tubaxe de auga e imos poñer en funcionamento un depósito sen uso na propia parroquia da Devesa. Para iso imos facer unha nova canalización, imos levar auga desde o lugar da Madanela ata este depósito da Devesa, que está na subida cara a Noceda, a través dunha tubaxe cunha lonxitude de aproximadamente 3.000 metros”.

Dende o Concello lembran que neste tempo seguramente haxa algunha molestias e podería haber algún corte de auga e algún corte da vía pública por mor das obras que se están facendo.

0.12533402442932