Comezaron as obras para mellorar o subministro de auga potable en parroquias de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Deron comezo os traballos para mellorar o subministro de auga potable nas parroquias de Covelas, Cedefeita e Arante.
8 sep 2020

Deron comezo os traballos para mellorar o subministro de auga potable nas parroquias de Covelas, Cedefeita e Arante. 

Nestes días de setembro estan aproveitando conxuntamente á concesionaria Viaqua e o Concello de Ribadeo para levar a cabo unhas obras de importancia para a poboación destas parroquias.

Estas parroquias do interior do Concello só teñen acceso á auga potable a través da captación do encoro de Lexoso, que colle a auga do río Grande. Alí na captación existe unha pequena estación de tratamento de auga potable que se ten que enfrontar ás veces a dúas situacións complexas: cando chove moito e se producen moitos arrastres no río, a auga tratada pode presentar problemas de turbidez. Pola contra, cando hai secas, e hai que dicir que nestes últimos anos están indo a máis, a capacidade de abastecemento normal vese afectada.

Para mellorar todo isto, e como medida de seguridade, estan a executar unha interconexión do depósito de Ove, que recibe auga da captación do río Eo, en Trabada, para levala á rede xeral das destas parroquias do interior”.

Instalarán unha tubaria de 110 mm de diámetro ao longo de 2.200 metros de lonxitude. Poden facer esta pequena grande operación de enxeñería hidráulica porque o depósito de Ove se atopa a maior altura que a rede de subministro destas parroquias, a onde queremos aportar este novo subministro de auga. As obras prolongaranse durante un período aproximado dun mes.

0.11142897605896