Comezaron nas Pontes as protestas pola continuidade da central térmica
Onte comezaron nas Pontes as protestas pola continuidade da central térmica que movilizou a empresarios, sindicatos e traballadores de Ferrolterra e Terra Chá.
Así, o alcalde, Valentín González Formoso, pediu un compromiso por parte do Goberno para atopar unha solución para a central térmica pontesa.
Como acto iniciatico, procedeuse á lectura dun manifesto en defensa dunha transición enerxética gradual e menos prexudicial para os sectores afectados.
O alcalde recordou que "está central xerou moitos empregos e que dela dependen moitas das familias", e reprochou que se "estea tratando por igual ás térmicas que decidiron pechar as súas portas que ás que apostaron por ser menos contaminantes para seguir funcionando".
Na protesta das Pontes participaron, entre outros, os alcaldes de San Sadurniño, Villalba, Ortigueira e A Capela, ademais do pontés.
Igualmente, os transportistas do carbón iniciaron encerros simultáneos en varias localidades. Así, os traballadores comezaron esta acción nos concellos das Pontes, Ferrol e Vilalba.
Deste xeito, 21 alcaldes das provincias da Coruña e Lugo que asinaron un manifesto terán unha xuntanza coa ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para tratar a situación da central.
Ademais, programáronse concentracións ante a sede central da Xunta de Galicia o día 13 de setembro, ás 12:00 horas, e na Subdelegación do Goberno na Coruña, o 16 de setembro, como tamén o 19 de setembro farase unha manifestación polas rúas das Pontes, unha acción que irá acompañada dun paro dunha hora do sector comercial, hostaleiro e empresarial da vila e unha xornada de 24 horas de folga nas auxiliares da central térmica, promovida por UGT, CC.OO e CIG.