Complétase o cartel do festival Entrepontes de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Hermana Furia, Jorobados del Miño, Vimbio, Biznaga e Catuxa Salón estarán no programa do 24 de maio
festival-entrepontes-rabade
22 Apr 2025

O colectivo Fillos do Chaira de Rábade presentou o cartel da terceira edición do festival que se desenvolverá na localidade en maio baixo o título Festival Entrepontes.

A data escollida foi o día 24 de maio para unha cita coa música que será gratuíta para os asistentes e que tivo un gran éxito nas dúas edicións pasadas e que mantén a data de celebración.

A primeira confirmación do festival foi o grupo Biznaga, unha das bandas máis contundentes e influentes do punk-rock nacional, que chega a Rábade para arrasar coa súa enerxía e converter o escenario de Entrepontes en pura adrenalina. Tamén estaba confirmada xa participación de Catuxa Salom, caracterizada por unha fusión do folk, a electrónica e os ritmos tribais latinoamericanos.

Nesta ocasión subiranse ao escenario Hermana Furia, co seu rock salvaxe, que desborda enerxía e un son demoledor. Xunto a eles estarán tamén Jorobados del Miño, que chega a Rábade desde Portomarín cunha música que combina o rock co blues clásico.

A quinta confirmación do festival é Vimbio, a nova faciana da escena metal.

Segundo avanzou a organización, o festival contará cunha xornada chea de actividades, entre as que figuran as infantís. Así destaca un taller de graffiti infantil a cargo de Diego As. Os rapaces crearán un mural guiados polo artista. Tamén repetirase a festa Holy.

cartel-festival-entrepontes-rabade
⚙ Configurar cookies
0.16336798667908