Concello e Rácing Vilalbés suman o seu apoio ás mobilizacións pola crise da central das Pontes

TerraChaXa
Continúan na comarca as mostras de solidariedade coas mobilizacións que se están levando a cabo para solicitar ao Ministerio de Transición Ecolóxica unha transición enerxética xusta e a posta en marcha de políticas que permitan retomar a actividade produtiva da central térmica pontesa.
WhatsApp Image 2019 09 15 at 19.55.10
16 sep 2019

Continúan na comarca as mostras de solidariedade coas mobilizacións que se están levando a cabo para solicitar ao Ministerio de Transición Ecolóxica unha transición enerxética xusta e a posta en marcha de políticas que permitan retomar a actividade produtiva da central térmica pontesa.

Así, nesta ocasión, os xogadores do Rácing Vilalbés posaron antes do seu partido baixo unha pancarta que levaron os camioneiros que están mobilizados. Desta maneira mostran o seu apoio ás mobilizacións e reclamacións.

Pola súa banda, a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro mostrou nun comunicado municipal o apoio do Concello aos traballadores afectados pola inactividade da central térmica. Tras cinco meses de paro, hai unha semana que os traballadores iniciaron na casa consistorial de Vilalba un encerro.

A corporación solicitou nun escrito á cidadanía "que se sume ao calendario de mobilizacións establecidas froito dos acordos do Comité de Crise xa que nos afecta a toda a sociedade vilalbesa. Os traballadores precisan neste momento delicado o maior dos respaldos, tanto das institucións como da veciñanza, para que se leven a bo termo as súas peticións.

 

0.1146080493927