Concellos da comarca reciben árbores autóctonas para plantar

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
A Consellería do Medio Rural cedeu á Federación de Veciños de Lugo arbóreas autóctonas que serán distribuídas entre 20 asociacións.
arbores autoctonas xunta
18 Mar 2021

A Consellería do Medio Rural cedeu á Federación de Asociacións de Veciños de Lugo 232 exemplares de especies arbóreas autóctonas que serán distribuídas pola entidade entre 20 asociacións de oito concellos da provincia que solicitaron árbores para plantar.

A recollida tivo lugar no viveiro que ten a Xunta en Sambreixo (Guitiriz), de onde proceden os exemplares. Repartíronse 125 cerdeiras, 35 pradairos, 30 freixos, 25 cancereixos, 15 faias e dous bidueiros. Ao acto asistiu tamén a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias, e representantes da directiva da federación, entre eles o seu presidente, Jesús Vázquez.

As árbores serán entregadas a 11 agrupacións de Lugo, tres de Begonte e o resto do Corgo, Baralla, Ribeira de Piquín, O Incio, Cospeito e Sarria para que as planten nos seus respectivos municipios.

Arias lembrou que a Xunta e a federación lucense colaboran cada ano con motivo do Día Forestal Mundial, que se celebra o 21 de marzo, para promover plantacións nos distintos concellos. “É un acerto que as asociacións veciñais se impliquen na celebración desta data, que serve para reflexionar sobre a importancia que os recursos forestais teñen para a nosa provincia, tanto desde o punto de vista económico como medioambiental”.

0.21684098243713