Concentración das traballadoras e traballadores do SAF en Vilalba

TerraChaXa
O BNG participa na concentración das traballadoras e traballadores do SAF en Vilalba. Contou coa participación da deputada por Lugo.
traballadoras saf vilalba concentracion
11 Jun 2022

O Bloque Nacionalista Galego apoiou ás traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar de Vilalba na concentración covocada pola hoxe pola CIG-Servizos. Participou a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira, xunto con militantes e simpatizantes da organziación na localidade.

As traballadoras e traballadores do SAF reclaman unha subida salarial dun 6,5% correspondente co IPC do 2021, dereito recoñecido no seu convenio sectorial. Por isto, demandan ás administracións que teñen externalizado este servizo a que defendan os seus dereitos e obriguen ás empresas adxudicatias a cumprir esta regra.

De igual xeito, tamén reclaman a negociación dun novo convenio colectivo, xa que leva más de 12 anos sen actualizar.

A deputada Carme Aira declarou “hai que rachar coas condicións de precariedade deste servizo, é de xustiza que se recoñeza o 6,5 % de incremento salarial que recolle o seu convenio”.

Neste senso, a deptuada sinalou “debemos pór en valor o traballo que desenvolven estas traballadoras e traballadores, xa que son fundamentais nunha sociedade onde os coidados deben ser o centro das políticas en benestar”.

0.12447905540466