Concentración de coches e un concerto este domingo en Muras

TerraChaXa
Este domingo, o Concello de Muras manterá unha intensa actividade cultural con dous eventos, a concentración de coches e espectáculo musical.
muras actuacions domingo
26 Ago 2021

Este domingo, o Concello de Muras manterá unha intensa actividade cultural con dous eventos. Así, a partir das 10 da mañá visitan o termo municipal os membros do Volkswagen Club Coruña nunha xornada de verán para disfrutar de vellos modelos da casa alemana, boa compañía e dun café con picnic. Esta actividade está prevista só para socios, pero os interesados en achegarse poden facelo para poder observar este vehículos históricos.

Posteriormente, a partir das 17.00 horas, a área recreativa da Veiga acollerá un concerto de ConFusión, un espectáculo familiar en donde (con)fusionan música, teatro, humor, comedia xestual e clown.

Haberá entrada libre ata completar o aforo.

0.178386926651