Concerto da Banda Sons e Soños en Baamonde
TerraChaXa
A Asociación Músico Crisanto abre unha nova edición do seu programa Músicas para O Xacobeo, cun concerto na Praza de Baamonde.
16 Xul 2021
A Asociación Músico Crisanto abre unha nova edición do seu programa Músicas para O Xacobeo, cun concerto da súa banda de música Sons e Soños, que se realizará o sábado día 17 de xullo, na praza de Baamonde, ás 20.00 horas. Así, aproveita a presenza da Igrexa de Santiago nesta localidade do Camiño do Norte para organizar esta actividade que contén xa músicas de temática relacionadas co Camiño de Santiago, nun espazo público (se o permiten as circunstancias climatolóxicas).
Ademais, realizarase unha narración e declamación de lendas, historias e poemas relacionadas co Camiño, a cargo do comunicador Xulio Xiz, nunha iniciativa que está financiada polo proxecto O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.