Concerto de FalaRedes en Castro de Rei
O concello de Castro de Rei, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta, acolle unha das actividades do FalaRedes, o programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase do concerto A casa do terror, a cargo do músico Xoán Curiel e da banda Son+d2.
Castro de Rei será precisamente o encargado de abrir a axenda do programa o venres 6. O artista fonsagradino fará parada en Castro de Rei e poderá verse do seu novo espectáculo na Casa da Cultura de Castro de Ribeira de Lea, ás 20:30 horas. A actividade combina música, danza e teatro e que está pensada para familias con nenas e nenos de entre sete e doce anos. ‘A casa do terror’, presenta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a durmir nun edificio encantado.