Concerto de frauta traveseira este xoves nas Pontes

Dentro do programa Dinamizartj As Pontes contará este xoves, 17 de outubro, cun recital de frauta traveseira na que se inclúen pezas desde o barroco ata a música máis actual e contemporánea.
A sesión terá lugar ás 20.00 horas na Casa Dopeso a cargo de Clara Burgos.
Esta actividade ponse en marcha co apoio do Instituto para a Transición Xusta e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) coa que se pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados polo proceso de peche de instalacións en zonas de Transición Xusta.