Concerto de Lucus Ensemble este domingo en Meira

TerraChaXa
A Igrexa de Meira acolle este domingo un concerto de Lucus Ensemble, dentro do ciclo Notas Femininas: A muller na Historia da Música.
concerto lucus ensemble meira portada
23 Abr 2022

A Igrexa de Meira acolle este domingo, 24 de abril, un concerto de Lucus Ensemble, dentro do ciclo Notas Femininas: A muller na Historia da Música.

Trátase dunha actividade patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación, que se celebrará a partir das 19.00 horas.

Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo.

0.18474006652832