Concerto en Meira o sábado polas Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Meira celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto de música da Banda de Música, a Prebanda e a Coral Polifónica.
MEIRA CONCERTO LETRAS GALEGAS PORTADA
17 Maio 2021

O Concello de Meira celebrará o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Xela Arias, cun concerto de música que estará a cargo da Banda de Música, a Prebanda e a Coral Polifónica.

Esta cita cultural terá lugar o sábado 22 de maio, ás 20.30 horas, na igrexa de Meira. Será obrigado respectar as normas sanitarias de uso de máscara e distancia de seguridade.

CONCERTO LETRAS GALEGAS MEIRA
0.086463212966919