Concerto infantil este sábado na casa de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Este sábado, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para crianzas e público familiar, concerto infantil Pitusa Semifusa.
CONCERTO PITUSA SEMIFUSA PORTADA
12 Out 2022

Este sábado, 15 de outubro, ás 17 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para crianzas e público familiar, teremos a posibilidade de gozar do concerto infantil Pitusa Semifusa.

Trátase dun espectáculo musical a dúo, creado por Olga Brañas, que a través de instrumentos de xoguete, dunhas cancións pegadizas e divertidas e algunha coreografía sinxela iranse introducindo os distintos instrumentos e estilos musicais.

Olga Brañas, grao profesional de piano e mestrado en profesorado de música, é membro de Brañas Folk desde hai case dúas décadas, onde alén de ser instrumentista, é compositora e arranxista. Leva anos dedicada ao ensino musical en Escolas Infantís e Escolas de Música, actividade en que se inspirou para facer os proxectos didácticos e divertidos “Pitusa Semifusa” e “Pitusa Semifusa e os estilos musicais”.

Para asistir ao espectáculo é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O billete ten un prezo de 2 euros.

CONCERTO PITUSA SEMIFUSA
0.14866304397583