Concertos ao Natural continúa o día 3 na Casas das Insuas con Músicas de Guerra
Na tarde do do domingo 3 de febreiro ás 18:30 horas, a Casa das Insuas de Rábade, a Asociación Galega de Custodia do Territorio convoca un novo concerto da programa Concertos ao Natural, un proxecto cidadán que xunta música, natureza e cultura no rural
Con esta iniciativa, preténdese abrir un espazo á creación e poder establecer un circuíto moi singular, para gozar -a poucos centímetros- de proxectos acústicos de músicos de primeiro nivel. Búscase tamén aprender e gozar de culturas doutros lugares e ofrecer cultura e natureza de calidade no rural.
Nesta ocasión, a actuación estará a cargo de Brigada Bravo & Díaz con Músicas en guerra. Germán Díaz encargarase da zanfona e instrumentos mecánicos e Antonio Bravo das guitarras.
O dúo Brigada Bravo&Díaz, formado polo zanfonista Germán Díaz e o guitarrista Antonio Bravo, cumpre xa unha década de colaboración intensa, froito da cal editaron dous traballos discográficos:
- “Músicas populares de la guerra civil española”, inspirado no cancionero de Luís Díaz Viana “Canciones populares de la guerra civil”-este traballo foi seleccionado entre os mellores discos do ano por revístaa Cadernos do Jazz e entre os top 10 pola revista xaponesa Jazz Tokio-
- E “Músicas populares de la Gran Guerra”, baseado nun fondo de dixitalización de cilindros de cera, cedido pola Universidade de California.
O dúo decántase por especializarse en músicas compostas durante conflitos bélicos, atraídos polos incribles fondos fonográficos que se conservan e pola proxección emocional das músicas compostas en tan duras circunstancias.
Agora presenta o seu novo espectáculo Músicas en Guerra, onde nos ofrecen un repertorio composto por músicas da Guerra Civil española, e da Primeira e Segunda Guerra Mundial. Un directo palpitante onde, ademais de escoitar a guitarra e a zanfona, o público poderá gozar de instrumentos mecánicos de máis dun século de antigüidade como a rollmónica cromática, a caixa de música programable ou fonógrafos, combinados cos loops en directo e novas tecnoloxías.
Os concertos fináncianse coa colaboración do público. Aportación recomendada: 10 euros (nenos gratis).
Imprescindible reservar praza: casadasinsuas@gmail.com