Concurso de espantallos, actividade para a rapazada de Cervo, con premios aos mellores bonecos

TerraChaXa | AMariñaXa
A delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada.
54436470_1664294030383499_439257987672965120_o
11 Abr 2019

A delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada. Trátase dun concurso de Espantallos, que terá lugar o vindeiro martes, 16 de abril, no campo de fútbol de Río Cobo, a partir das 17:00 horas.
Os participantes, de entre 6 e 14 anos, poderán traer todo tipo de roupa e recoméndase empregar materiais de refugallo na creación do espantallo.
Pola súa banda, o Concello aportará o pau, os guantes e diferente material para confeccionar o boneco.
As temáticas serán libres, e premiarase a orixinalidade e o esforzo creativo na elaboración dos mesmo.
Haberá premios para os mellores espantallos:
1º premio: 100 euros para gastar nos establecementos do Concello
2º premio: 50 euros para gastar nos establecementos do Concello.
Os rapaces interesados en participar poden facelo na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 691 65 66 00.

0.066984891891479