Concurso morfolóxico, exhibición de doma e xincana ecuestre na XII Feira do Cabalo de Friol

TerraChaXa
Friol celebra a duodécima edición da Feira do Cabalo o domingo 13 de agosto con exhibicións, concursos, ponis a libre disposicións para os máis pequenos e pequenas ao longo da mañá e unha xincana popular pola tarde no Mercado Municipal.
cabal
11 Ago 2017

Friol celebra a duodécima edición da Feira do Cabalo o domingo 13 de agosto con exhibicións, concursos, ponis a libre disposicións para os máis pequenos e pequenas ao longo da mañá e unha xincana popular pola tarde no Mercado Municipal.

Cos concursos morfolóxicos nas categorías de cabalos e eguas de Pura Raza Galega comezará a xornada pola mañá na que o xurado deberá determinar os catro mellores cabalos -a partir das once- e as catro mellores eguas -a partir das once e media- aos que entregar premios de 125, 90, 80 e 60 euros, en ambos casos, xunto ao correspondente trofeo e escarapela. O concurso, puntuable para a XVI Copa Galicia PRG, diríxese a exemplares maiores de tres anos.

A partir das doce do mediodía será a quenda do concurso morfolóxico de cabalos cruzados e ás doce e media, das eguas cruzadas. En ambos casos deberán participar exemplares maiores de tres anos que se repartirán catro premios das mesmas contías que nos concursos anteriores.

A continuación, arredor da unha do mediodía, será a quenda dunha gran exhibición de doma de alta escola, doma clásica, coreografías e fantasías ecuestres con Toni Cabo e Alberto Borjas -medallas de prata no Concurso Nacional de Exhibicións de Doma no Salón Internacional do Cabalo "Sicab" de Sevilla-. O segundo pase desenvolverase entre as cinco e media e as seis.

A xornada rematará cunha xincana ecuestre de libre participación con máis de 600 euros en premios para os participantes e o sorteo dun poldro.

0.19928598403931