Conde afirma que Ence continúa co proxecto das Pontes malia a situación en Pontevedra

TerraChaXa
Francisco Conde, destaca que Ence "segue traballando sobre a mesma liña" no proxecto de fábrica de biomateriales e de papel tisú nas Pontes.
ence papel celulosa
3 sep 2022

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destaca que Ence "segue traballando sobre a mesma liña" no proxecto de fábrica de biomateriales e de papel tisú nas Pontes e que a seca que afecta á fábrica de Pontevedra non afecta aos planes para a vila coruñesa.

Segundo informou o conselleira, está na fase de "desenvolver todos os traballos de enxeñería que lle poidan permitir poder iniciar a tramitación administrativa".

Conde remarcou que a compañía mantén o "compromiso con este futuro proxecto" co que se busca poida completar o ciclo de fabricación da súa planta de Lourizán, en Pontevedra, cunha nova liña de produtos vinculados á embalaxe e ao propio papel e cartón.

Mentres, continúa parada a planta de celulosa de Ence en Pontevedra pola seca.

0.10297703742981