Conde pon en valor a política de conciliación familiar dos populares

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Francisco Conde pon en valor a política de conciliación familiar do PP fronte á politización da nova Lei de Familias do Goberno de Sánchez
conde politica familiar portada
29 Jun 2023

O cabeza de lista do Partido Popular por Lugo ao Congreso dos Deputados, Francisco Conde, pon en valor a política de conciliación familiar anunciada polo líder nacional e candidato á presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, fronte “á politización” da nova Lei de Familias do Goberno de Pedro Sánchez. O popular así o trasladou na rolda de encontros que está a ter ao longo da provincia e que manterá ata a cita electoral do vindeiro 23 de xullo con distintos colectivos e organizacións.

“Somos o inimigo do radicalismo e o separatismo. En definitiva, somos o partido das familias fronte aos que queren politizalas”, remarca Conde. Neste sentido, explica que “a provincia de Lugo non é allea a esta necesidade. É preciso facilitar ser pais ou nais a todas as persoas que queiran selo”, e isto pasa, engade, polas bonificacións para contratar de maneira indefinida a nais traballadoras e incrementar o mínimo familiar do IRPF por ter un segundo fillo.

Deste xeito, Conde detalla que o proxecto político de Núñez Feijóo “ten un compromiso serio a este respecto”. “O noso candidato cumprirá a palabra dada: aumentará os permisos de maternidade e paternidade das familias monoparentais e impulsará as modificacións lexislativas necesarias para aumentar eses permisos en beneficio dos menores”. E é que, di, “non é un tema menor fomentar a conciliación laboral e reducir a brecha salarial para que pais e nais poidan compaxinar o seu desenvolvemento profesional co coidado dos fillos”.

Ademais o PP aposta pola conciliación ata poñer a Galicia á cabeza de Europa a través da promoción da flexibilidade laboral de tal forma que se cree un banco de horas e, os traballadores que teñen fillos, poidan coller horas para estar coas súas familias e compensar esas horas de traballo noutro momento. Dentro deste abanico de medidas lembra o avance na educación e a formación, garantindo a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos e devolvendo aos pais o control sobre os contidos de Internet aos que acceden os nenos e nenas.

conde politica familar

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19225597381592