Condes, en Friol, celebra a tradicional Cea do San Martiño o 15 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas deberán anotarse antes do día 9 de novembro
cea-de-san-martino-condes
5 Nov 2025

A parroquia de Condes celebrará o vindeiro 15 de novembro, ás 21:30 horas, a súa xa tradicional Cea do San Martiño, que terá lugar no local social da parroquia.

O menú incluirá troitas, churrasco e pementos, unha proposta gastronómica clásica desta data que reúne veciños e amigos arredor da boa mesa e do espírito festivo de San Martiño.

O prezo da cea será de 20 euros para socios e 25 euros para non socios. As persoas interesadas deberán anotarse antes do día 9 de novembro, prazo límite establecido pola organización.

Para inscribirse ou solicitar máis información, pódese contactar con calquera dos seguintes organizadores: Ángel de Pardo (618 98 21 62), Marta do Fluvial (679 31 77 00), David de Rododomuíño (678 12 00 25), Alejandro de Lapido (608 22 78 80), María José de Casinhas (660 00 18 53) ou Raúl de Freixido (686 07 90 36).

⚙ Configurar cookies
0.0710289478302