Conferencia sobre a cultura dolménica este venres en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O centro cultural de Castro de Rei acollerá este venres, 12 de maio, ás 19.30 horas, unha conferencia co título Habitando a Terra.
conferencia cultura dolmenica castro portada
10 Maio 2023

O centro cultural de Castro de Rei acollerá este venres, 12 de maio, ás 19.30 horas, unha conferencia co título Habitando a Terra. Nela intervirá Ana Mar Fraga Rábade, investigadora das culturas antigas, poeta e escritora, que falará da cultura dolménica e do pobo celta e zoela.

Tamén intervirá Xosé Otero Canto, escritor, poeta e catedrático de lingua castelá, que falará da misteriosa e incógnita valura.

O acto estará conducido por José Carlos Ulloa García, poeta, escritor e mestre, e por Francisco Balado Teijeiro, alcalde da localidade.

Finalizará a sesión cun recitado.

conferencia cultura dolmenica castro
0.081585168838501