Confirmada a nova edición do festival Ether de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A quinta edición do festival de música electrónica Ether: An Electronic Odyssey de Viveiro celébrase o 18 de xullo.
13 Abr 2020

A quinta edición do festival de música electrónica Ether: An Electronic Odyssey de Viveiro celébrase o 18 de xullo.

Será un día no que os amantes da música electrónica poderán gozar ao máximo xunto á ría de Viveiro, xa que o festival será nos Xardíns Noriega Varela.

Mantendo a liña do festival de anos anteriores, Ether seguirá apostando por traer artistas internacionais e nacionais das escenas Techno, Tech-House e House ao norte de Galicia.

Así, xa se confirmaron varios artistas como Mark Broom, unha lenda nesta clase de música no panorama británico, Pushmann, Karras Martínez, ou Llonas

 

0.095628976821899