Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade
TerraChaXa | LugoXa
Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade. Será os días 6, 7 e 8 de abril coincidindo coa Semana Santa
1 Feb 2023
Confirmada unha nova edición do Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que neste ano chega a viséximo cuarta edición e celebrarase nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 6, 7, e 8, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.
No torneo, que reparte uns 10.000 euros en premios, participarán previsiblemente máis de 300 parellas. Como en anteriores edicións, espérase que se manteñan as cinco modalidades de xogo e tres niveis para disputar as partidas no pavillón do colexio e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.
Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.