Consideran un agravio para A Mariña autorizar a pesca do bonito no Atlántico

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, cualificou de disparate a decisión da Secretaría Xeral de Pesca do Goberno socialista central de autorizar a reapertura da pesca do bonito (atún branco do norte) en augas do Océano Atlántico.
13 Nov 2019

O presidente do Partido Popular de Burela, Manuel Rouco, cualificou de disparate a decisión da Secretaría Xeral de Pesca do Goberno socialista central de autorizar a reapertura da pesca do bonito (atún branco do norte) en augas do Océano Atlántico. A decisión é especialmente indignante tendo en conta que, na práctica, só beneficia á frota canaria.

Os populares fanse eco do malestar e da indignación xerada entre a frota lucense por unha nova decisión do Goberno Sánchez que despreza á Mariña lucense. O Executivo socialista autoriza a reapertura da pesca en pleno de mes de novembro, cando a frota está dedicada a outras labores e exclúe expresamente desta autorización ás embarcacións que participaron na costeira durante o verán.

Por se fora pouco, Manuel Rouco lembra que a frota de baixura do Cantábrico sufriu este ano a costeira máis breve da historia, ao pecharse o 23 de agosto, mes e medio antes do habitual, alegando daquela o esgotamento da cota. "É unha tomadura de pelo que reabran a costeira dous meses despois de impoñer á frota que deixaran de pescar cos caladoiros cheos de túnido", explica.

Manuel Rouco lamenta a improvisación e falta de planificación coa que o Ministerio está a tomar as decisións en materia de estratexia pesqueira e avanza que desde que Sánchez está no goberno todas as decisións que adopta acaban provocando prexuízos á frota lucense.

0.17790007591248