Constrúen pistas deportivas en Aguarda e Fonmiñá

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza rematou estes días coa construción de dúas pistas de formigón nas parroquias de Aguarda e Fontmiñá.
novas pistas deportivas parroquias a pastoriza
3 Ago 2021

O Concello da Pastoriza rematou estes días coa construción de dúas pistas de formigón nas parroquias de Aguarda e Fontmiñá.

Estas instalacións están ubicadas na contorna das respectivas igrexas e tiveron un orazmaento de 15.430 euros cada unha.

O obxectivo das mesmas é facilitar a práctica deportiva ao aire libre dos veciños nun lugar céntrico nas respectivas parroquias.

As pistas teñen unha extensión de 440 metros cadrados cada unha, para adaptarse a diferentes prácticas.

Por outra banda, os traballadores municipais estiveron tamén realizando labore de limpeza nas zonas verdes de Bretoña, entre outros traballos de mellora.

desbroce limpeza zonas verdes bretona
0.14461898803711