Construfer fai demostracións de maquinaria durante a xornada de hoxe

TerraChaXa
Poderá probarse un robot cortacéspede e tamén motoserras da marca Echo
construfer
25 Apr 2025

A empresa de Cospeito Construfer vive hoxe, venres, unha xornada moi especial dirixida aos seus clientes, na que dará a oportunidade aos seus clientes de probar maquinaria para traballos agrarios e de xardín.

Trátase por una banda dun robot cortacéspede da marca Honda Miimo, que para todos aqueles que o adquiran na xornada de hoxe haberá un desconto do 20%.

Así mesmo, haberá demostracións da maquinaria de Echo, principalmente motoserras.

As demostracións terán lugar de 10.30 a 13.00 e de 15.00 a 17.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.15736603736877