Construirán dúas balsas de auga en Aguarda e Bretoña

TerraChaXa
A Xunta de Goberno do Concello da Pastoriza adxudicou os contratos para a construción de dúas balsas na zona de Miñotelo (Aguarda) e en Bretoña.
Balsa ejemplo
7 Aug 2020

A Xunta de Goberno do Concello da Pastoriza adxudicou os contratos para a construción de dúas balsas na zona de Miñotelo (Aguarda) e en Bretoña.

Trátase de balsa de grandes proporcións que ten a dobre finalidade de utilizarse como depósito de auga para o servizo de protección contra incendios e tamén para usos gandeiros, xa que se pode utilizar para alimentar ao gando nos tempos de seca.

Estas dúas balsas teñen un orzamento de 35.000 euros e comezarán a construírse a vindeira semana cun prazo de execución de dous meses.

Estas  non son as primeiras balsas que se constrúen xa que son moi utilizadas neste Concello, onde o sector gandeiro ten moita relevancia.

0.16567802429199