Consuelo Rodríguez celebrou os seus 103 anos rodeada de agarimo e recoñecemento

A veciña Consuelo Rodríguez celebrou un aniversario moi especial: 103 anos de vida. Para conmemorar esta data tan significativa, a alcaldesa Marta Rouco achegouse ao Hospital Asilo para felicitala persoalmente e entregarlle un ramo de flores.
Rouco estivo acompañada polo concelleiro Luis Fernández, e ambos aproveitaron a visita non só para conversar un bo anaco con Consuelo, senón tamén para saudar aos demais usuarios e usuarias do centro, compartindo momentos de afecto e complicidade.
“É un verdadeiro pracer poder felicitala por segundo ano consecutivo”, destacou a alcaldesa, quen puxo en valor a vitalidade e a memoria viva que representa Consuelo para toda a comunidade.