O Campo da Feira de Vilalba conta con nova distribución para o San Ramón
Xa se poden recoller as entradas para os concertos das Festas San Ramón e Santa María de Vilalba, dende a organización lembran que para os da praza da Constitución, só se poderán adquirir presencialmente na Casa da Cultura 100 entradas, e as restantes 198 terán que ser na web entradasvilalba.es, previamente rexistrados.
O horario da Casa da Cultura é de 10.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas e cada persoa poderá coller un máximo de 3 entradas para cada concerto e non se admitirá a devolución das entradas, polo que pregamos que se retiren exclusivamente as que se vaian empregar.
Neste espazo habilitaranse dous accesos. Un para as persoas con entrada ata a hora de inicio, e un segundo acceso para aquelas que non se fixeran coa entrada e que decidan agardar ante a posibilidade de quedar algún oco sen cubrir ese día.
Plano do Campo da Feira para a París de Noia.
O aforo máximo é de 1.000 persoas, distribuídas en 4 bloques de 250. Cada bloque terá o seu propio acceso e irá diferenciado nas entradas por cores.
Vermello, recollida de entradas presencial a partir das 12.00 horas na Casa da Cultura; azul, verde e amarelo, para entradasvilalba.es.